InicioOrientalRibadeoAs panchas xeran en Ribadeo 50.000 euros en negocio durante quince día...

As panchas xeran en Ribadeo 50.000 euros en negocio durante quince día de campaña

O concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, dixo que “estes datos veñen confirmarnos que se trata dunha fabulosa iniciativa, moi favorable tanto para os establecementos da localidade como para as persoas compradoras, porque benefícianse por unha banda dun desconto e por outra favorece a actividade comercial de Ribadeo”.

Publicada o

- Advertisement -

O goberno local de Ribadeo mostrou a súa satisfacción pola boa acollida que están a ter as Panchas. Nos primeiros quince días de campaña xa se consumiron o 25% e foi xerado un impacto de negocio de máis de 50.000 euros, segundo os datos que hoxe deu a coñecer o concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso.

O edil ribadense declarou: “ao remate desta segunda semana xa podemos constatar como aproximadamente o 25% das Panchas están consumidas, xerando un impacto de negocio dun mínimo de 50.000 euros. Foron efectuadas arredor de 500 operacións e un importe medio de 70 euros por cada compra realizada nos diferentes establecementos participantes”.

Pablo Vizoso dixo que “estes datos veñen confirmarnos que se trata dunha fabulosa iniciativa, moi favorable tanto para os establecementos da localidade como para as persoas compradoras, porque benefícianse por unha banda dun desconto e por outra favorece a actividade comercial de Ribadeo”. O concelleiro de Desenvolvemento Local e Comercio anima “unha vez máis a seguir descargando as Panchas e disfrutando delas no noso comercio”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...