Ribadeo convoca a Mesa Local de Coordinación Interinstitucional fronte á violencia de xénero

A concelleira de Igualdade, Mónica Freire Rancaño, sinala que “a finalidade principal destas reunións é establecer unha coordinación fluída, programas comúns e establecer pautas de actuación ante estas situacións, partindo das competencias propias de cada área”.

DIPUTADA PROVINCIAL MONICA FREIRE RANCAÑO Mónica Freire Rancaño

Os integrantes da Mesa Local de Coordinación Interinstitucional fronte á Violencia de Xénero reuniranse este martes 18 de outubro no salón de plenos do Concello. Na xuntanza, darase conta das accións desenvolvidas nos últimos meses e as iniciativas que se van a levar a cabo ao longo deste último trimestre do ano 2022.

Ao encontro asistirá a concelleira de Igualdade, Mónica Freire Rancaño, e representantes das diferentes institucións e departamentos implicados na resolución dos casos de violencia contra as mulleres.

A edil ribandese sinala que “a finalidade principal destas reunións é establecer unha coordinación fluída, programas comúns e establecer pautas de actuación ante estas situacións, partindo das competencias propias de cada área”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here