APAGA Ribadeo acolleu o curso sobre diagnose con osciloscopio a petición de técnicos de empresas

O presidente de Apaga, Álvaro Doural, subliñou que “con isto empezamos as actividades, que continuarán a finais de mes, concretamente o día 29, cando teremos outro curso, neste caso sobre pneumáticos, que tamén é práctico, de 8 horas de duración e temos un número reducido de prazas".


A Asociación de Profesores de Automoción de Galicia retomou a súa actividade formativa en Ribadeo, o pasado sábado, 15 de outubro. Foi cun curso sobre a diagnose con osciloscopio.

Esta formación foi impartida nas instalacións de Apaga en Ribadeo por Jesús Sánchez de Toca Treviño, profesor do Centro Integrado de Formación Profesional Ferrolterra. Foron 8 horas deseñadas a petición de técnicos de empresas.

O presidente de Apaga, Álvaro Doural, subliñou que “con isto empezamos as actividades, que continuarán a finais de mes, concretamente o día 29, cando teremos outro curso, neste caso sobre pneumáticos, que tamén é práctico, de 8 horas de duración e temos un número reducido de prazas. Neste caso será impartido polo xerente de Talleres Martín”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here