InicioOrientalRibadeoA V Edición das Xornadas Gastronómicas Asturias en Ribadeo celebrarase do 21...

A V Edición das Xornadas Gastronómicas Asturias en Ribadeo celebrarase do 21 ao 23 de outubro

A presidenta de Acisa Ribadeo, Carmen Cruzado, convida “a galegos e asturianos a que se acheguen esta fin de semana a Ribadeo a saborear as propostas que nos teñen preparadas os bares e restaurantes que se dan cita nestas quintas xornadas gastronómicas Asturias en Ribadeo".

Publicada o

- Advertisement -

Catorce locais hostaleiros participan na quinta edición das xornadas gastronómicas Asturias en Ribadeo do 21 ao 23 de outubro. Están organizadas pola Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo.

A presidenta de Acisa Ribadeo, Carmen Cruzado, convida “a galegos e asturianos a que se acheguen esta fin de semana a Ribadeo a saborear as propostas que nos teñen preparadas os bares e restaurantes que se dan cita nestas quintas xornadas gastronómicas Asturias en Ribadeo, coas que queremos render homenaxe á veciñanza asturiana, que durante as fins de semana de todo o ano se despraza a Ribadeo a gozar da súa oferta comercial e hostaleira”.

E engadiu que “o outono é un bo momento para vir a Ribadeo a pasar a fin de semana ou unhas horas degustando as tapas ou os menús elaborados para a ocasión e nos que non faltarán as fabas, o pixín, o cachopo, os queixos asturianos, os chourizos ou a pescada á sidra ou o arroz con leite”.

Os locais participantes nas quintas xornadas gastronómicas Asturias en Ribadeo son: El Rincón del Gordo, Galipizza, La Solana, Queimada, O Indiano, Mareta, A Horta de San Roque, Rosalar, La Bugalla, Goia´s, Delicatés, La Lira, O Alén e O Lar de Manolo. Todas as súas propostas poderán consultarse nas redes sociais de Acisa.

O xerente de Acisa, Jesús Pérez, agradece “a implicación da hostalería asociada nas actividades que organizamos co obxectivo de contribuír á súa dinamización, sobre todo agora que entramos xa en tempada baixa”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...