InicioOrientalRibadeoRibadeo remata as obras de mellora na área recreativa da Vilavella cun...

Ribadeo remata as obras de mellora na área recreativa da Vilavella cun investimento de 40.000 euros

O alcalde, Fernando Suárez, sinalou que “desde o goberno municipal queremos sumar esta actuación a outras que están mellorando moito o noso concello desde o punto de vista medioambiental e recreativo”.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Ribadeo rematou as obras de mellora da área recreativa da Vilavella que supuxeron un investimento de 40.000 euros. O alcalde, Fernando Suárez, e varios membros do equipo de goberno visitaron a zona.

O rexedor referiuse hoxe: “ás obras, ás melloras e ao remate dos traballos ben planificados polo goberno municipal”.

Suárez Barcia contou que “rematamos as obras do e mellora da área recreativa da Vilavella, onde se recuperou e ampliou o espazo verde, que ocupaba a antiga estrada que daba acceso ao núcleo urbano. Nesta zona, a pesar do seu moito uso para os deportes de remo e piragüismo, estaba nunha situación que non era a axeitada para ser un dos principais accesos á vila de Ribadeo”.

O alcalde dixo que “decidimos crear unha zona de lecer e de descanso, con miradoiro, con bancos, mesas, aparcabicis e paneis informativos. Axardinouse o espazo e instalouse nova iluminación LED. Quixemos aproveitar unha pequena axuda de 29.000 euros do Fondo de Compensación Ambiental da Xunta á que lle engadimos a parte restante até acadar os 40.000 euros de investimento”.

E engadiu: “desde o goberno municipal queremos sumar esta actuación a outras que están mellorando moito o noso concello desde o punto de vista medioambiental e recreativo”. Ata a área recreativa de A Vilavella se achegaron o alcalde, Fernando Suárez, e os concelleiros de Obras, Medio Rural e Turismo, Mónica Freire, Marcos Villamil e Pablo Vizoso.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...