InicioPolíticaO PP de Ribadeo reclama máis cámaras de vixilancia na rúa ante...

O PP de Ribadeo reclama máis cámaras de vixilancia na rúa ante o aumento de graffitis

O PP de Ribadeo quéixase de que ante esta problemática acuden ao concello en busca de solucións e “o alcalde acaba por botarnos do seu despacho sen escoitarnos".

Publicada o

- Advertisement -

O grupo municipal popular de Ribadeo propón a colocación de cámaras de vixilancia que cumpran a normativa vixente para o control dos “graffiteiros” na vila. Asemade, reclaman tamén “a coordinarción entre os axentes dos corpos de seguridade do estado e do Concello para paliar este problema”.

Segundo a vicevoceira do grupo municipal de Ribadeo, Elena Sierra, “os veciños están fartos da presencia de graffitis nas fachadas dos edificios”. A esta problemática acuden ao concello en busca de solucións e “o alcalde acaba por botarnos do seu despacho sen escoitarnos”.

Neste sentido, os populares explican que son moitos veciños teñen que “pintar e pintar e repintar” e o goberno do BNG non aporta ningunha solución pero “como vai aportar solucións sen ten en total abandono os edificios públicos?”.

A popular recalca o mal estado en xeral dos edificios privados e os espazos públicos. “Preocúpalles máis a oposición que solucionar os problemas de Ribadeo. Tanto lles ten  o estado de abandono en que están o auditorio, a casa da Ría, a ponte de San Damián,ou a contorna dos centros educativos, así como os distintos parques da vila

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...