O BNG de Ribadeo reclámalle á Xunta un servizo de pediatría no centro de saúde

"Despois de termos reclamado en múltiples ocasións que se potenciase dito servizo fomos logrando que se cubrise cun mínimo de garantías", sinalan desde o BNG Ribadense.

Centro de saúde de Ribadeo. GOOGLE MAPS

O BNG de Ribadeo saíu ao paso das declaracións da nova xerente do Sergas, Estrella López-Pardo, “afirmando que non todos os centros de saúde van poder dispoñer dun pediatra”. Os nacionalistas de Ribadeo ante as carencias de persoal que padece o centro de saúde esixe da Xunta “o firme compromiso do mantemento e potenciación do servizo de pediatría”.

O BNG ribadense lembra que pasaron por situacións como ter pediatra só un día por semana e despois esperar por cita coa pediatra até dous meses. “Despois de termos reclamado en múltiples ocasións que se potenciase dito servizo fomos logrando que se cubrise cun mínimo de garantías”, sinalan. Non obstante, din non confiar nas palabras de López-Pardo. Ante isto, acusan aos deputados do PP da Mariña de ser cómplices da situación.

Desde a formación nacionalista sinalan que non tolerarán máis recortes na sanidade sen mostrar “o noso claro rexeitamento a esas políticas de austeridade”. A isto engaden que non calarán “ante tanto cinismo como o amosado pola señora Estrella López-Pardo”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here