InicioOrientalRibadeoAPAGA Ribadeo continúa dentro da mobilidade europea coa presenza de dous profesores...

APAGA Ribadeo continúa dentro da mobilidade europea coa presenza de dous profesores turcos que visitarán os estaleiros Gondán

A fin de semana os profesores turcos aproveitaron para coñecer algúns dos atractivos turísticos da comarca da Mariña como o Faro da Illa Pancha, en Ribadeo.

Publicada o

- Advertisement -

Segue a mobilidade europea de Apaga na que están a participar dous profesores turcos estes días na Mariña lucense. Os mestres, chegados de Izmir, visitan centros de ensino e empresas tanto en Galicia como en Asturias.

Xa pasaron a semana pasada por Otelec, que se dedica á electricidade e está no polígono industrial de San Cosme de Barreiros; e realizaron tamén unha visita ao Centro Integrado de Formación Profesional de Avilés, ao IES As Mariñas, de Betanzos, e ao IES Lois Peña Novo, de Vilalba. Tanto na cidade asturiana como na provincia da Coruña tamén se achegaron a empresas vinculadas á automoción.

Hoxe, luns, visitan Astilleros Gondán, en Asturias, e mañá achegaranse a Hermanos Rega e Hijos de Ramón Rubal, empresas ambas de Alfoz. Tamén pasarán por Finca Galea.

A fin de semana os profesores turcos aproveitaron para coñecer algúns dos atractivos turísticos da comarca da Mariña como o Faro da Illa Pancha, en Ribadeo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...