Taller colectivo creativo de vimbio en Ribadeo para novembro

A concelleira Mónica Freire explicou que “este obradoiro será impartido pola artesá Idoia Cuesta na Casa do Viejo Pancho de 11 a 14 horas e de 16 a 20 horas".

Consistorio de Ribadeo. AXM

O Concello organiza o 5 de novembro un taller colectivo creativo de vimbio. A concelleira Mónica Freire explicou que “este obradoiro será impartido pola artesá Idoia Cuesta na Casa do Viejo Pancho de 11 a 14 horas e de 16 a 20 horas. As persoas interesadas en asistir poden inscribirse ata o día 3 chamando ao teléfono 982 128 650”.

A edil ribadense dixo que “para nós é unha inmensa sorte poder contar cunha artesá da categoría de Idoia Cuesta e que veña ata Ribadeo a ensinarnos algunhas das súas técnicas utilizadas nos traballos de fusión de cestería co téxtil e combina materiais orgánicos con diferentes técnicas artesanais. É unha artesá con renome internacional que ten feito colaboracións con firmas como Loewe, Zara ou Adolfo Domínguez”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here