InicioOrientalRibadeoRibadeo organiza un encontro na Casa do Mar para aforrar na factura...

Ribadeo organiza un encontro na Casa do Mar para aforrar na factura da luz e do gas

O alcalde, Fernando Suárez, dicía hai uns días que “queremos axudar a dar información sobre as opcións actuais de aforro enerxético e de aclaración de tarifas”.

Publicada o

- Advertisement -

A charla informativa sobre cómo mellorar a factura da luz e do gas, organizada polo Concello de Ribadeo, será na Casa do Mar este venres, día 28. Será impartida por Emilio García, técnico de instalacións e profesional independente.

O alcalde, Fernando Suárez, dicía hai uns días que “queremos axudar a dar información sobre as opcións actuais de aforro enerxético e de aclaración de tarifas”.

E subliñaba: “para iso pedímoslle que nos acompañe a Emilio García, que é un técnico de instalacións, un profesional independente que ten coñecementos profundos sobre a realidade do día a día e que non está vinculado con ningunha compañía enerxética”.

A charla será o vindeiro 28 de outubro ás 20:30 no salón de actos da Casa do Mar, aínda que inicialmente estaba prevista a súa celebración no Teatro.

No acto intervirán Emilio García, técnico de instalacións; Pilar Otero, concelleira de Consumo; e Fernando Suárez, alcalde de Ribadeo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...