InicioOrientalRibadeoAberto o prazo de inscrición para o Mercado de Nadal de Ribadeo...

Aberto o prazo de inscrición para o Mercado de Nadal de Ribadeo que se celebrará do 7 ao 11 de decembro

O Concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, Comercio e Turismo indicou que “serán un total de 25 casetas as que se colocarán nas inmediacións do parque San Francisco, nas que se poderá atopar artesanía, gastronomía e deseño, onde se primarán as creacións de proximidade e se valorará a orixinalidade e a sostibilidade”.

Publicada o

- Advertisement -

A Área de Desenvolvemento Local, Comercio e Turismo do Concello organiza o XIX Mercado de Nadal de Ribadeo, que terá lugar os días 7, 8, 9, 10 e 11 de decembro no parque de San Francisco. O prazo de inscrición para participar estará aberto ata o 11 de novembro.

Pablo Vizoso explicou que “o Mercado de Nadal de Ribadeo, que xa vai pola XIX edición é un espazo de oportunidades para os profesionais relacionados coa artesanía e co deseño, ademais dun escaparate para dar a coñecer o seu traballo e talento creativo e innovador, pola gran cantidade de xente que se achega a visitalo e que converte a Ribadeo en referente da zona nesas datas previas ás festas de Nadal”.

O Concelleiro de Desenvolvemento Local, Comercio e Turismo indicou que “serán un total de 25 casetas as que se colocarán nas inmediacións do parque San Francisco, nas que se poderá atopar artesanía, gastronomía e deseño, onde se primarán as creacións de proximidade e se valorará a orixinalidade e a sostibilidade”.

Vizoso Galdo engadiu que “o prazo de inscrición está aberto ata o día 11 de novembro e as solicitudes deben facerse ou ben por sede electrónica ou de xeito presencial a través do rexistro do Concello. As bases poden consultarse na páxina web do concello. E as persoas interesadas en obter máis información poden solicitala no correo electrónico da Área de Desenvolvemento Local adl@ribadeo.org ou a través do seguinte número de teléfono 982 128 650”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...