InicioOrientalRibadeoFinaliza a estadía de profesores turcos na Mariña que pariciparon no programa...

Finaliza a estadía de profesores turcos na Mariña que pariciparon no programa Erasmus +

O presidente de Apaga, Álvaro Doural, fai un balance moi positivo desta mobilidade: “foi unha axenda intensa de actividades a que se desenvolveu ao longo destes días cos profesores deste centro de ensino turco, co que levamos traballando moitos".

Publicada o

- Advertisement -

Rematou a estadía de traballo realizada á Mariña por dous profesores turcos, que participaron nunha mobilidade Erasmus + coa Asociación de Profesores de Automoción de Galicia.

Desde o 19 ao 26 de outubro visitaron centros de ensino de Galicia e Asturias e tamén empresas. Pasaron por Otelec, que no polígono industrial de San Cosme de Barreiros; e realizaron tamén unha visita ao Centro Integrado de Formación Profesional de Avilés, ao CIFP As Mercedes, de Lugo, ao IES As Mariñas, de Betanzos, e ao IES Lois Peña Novo, de Vilalba. Tanto na cidade asturiana como na provincia da Coruña tamén se achegaron a empresas vinculadas á automoción. Estes profesores estiveron en Astilleros Gondán, en Hermanos Rega e en Hijos de Ramón Rubal, entre outras firmas. Durante a súa estadía coñeceron algúns dos atractivos turísticos da comarca da Mariña como o Faro da Illa Pancha, en Ribadeo, ou Finca Galea, en Alfoz.

O presidente de Apaga, Álvaro Doural, fai un balance moi positivo desta mobilidade: “foi unha axenda intensa de actividades a que se desenvolveu ao longo destes días cos profesores deste centro de ensino turco, co que levamos traballando moitos. Somos socios desde hai anos e estamos encantados coas experiencias formativas vividas e compartidas”.

ÚLTIMAS

Colapsa unha parede do cemiterio de Barreiros deixando féretros e algunha caveira á vista

Veciños do municipio de Barreiros avisaron este venres do derrube dunha parede do cemiterio...

Sete persoas intoxicadas por monóxido de carbono nunha vivenda en Foz

Un total de sete persoas, das cales dúas son menores de idade, necesitaron asistencia...

O servizo de recollida de residuos orgánicos comezará en Viveiro o día 18 de decembro

O Concello de Viveiro informa á cidadanía de que o vindeiro día 18 de...

O Concello de Ribadeo sinala que non subirá as taxas da auga e do lixo

Ribadeo non subirá o recibo da auga e do lixo. Así o asegura Marta...