InicioOrientalRibadeoO obradoiro de emprego 'Vilas Coidadoras' en Ribadeo levou adiante actividades de...

O obradoiro de emprego ‘Vilas Coidadoras’ en Ribadeo levou adiante actividades de dinamización en residencias

As actividades foron realizadas con motivo da celebración do Samaín.

Publicada o

- Advertisement -

Con motivo da celebración do Samaín, o xoves 27 e o venres 28 de outubro, o obradoiro de emprego Vilas Coidadoras, impulsado polos Concellos de Ribadeo e Barreiros, organizou e levou a cabo un programa de actividades no que participaron persoas usuarias do CAM (nova residencia) de Ribadeo e do Hospital Asilo de San Sebastián e San Lázaro.

As actividades desenvolvidas no Centro de Atención a Persoas Maiores consistiron na realización de obradoiros de maquillaxe e de manualidades e na posterior decoración da residencia coa axuda dos usuarios da mesma. No Hospital Asilo de San Sebastián e San Lázaro, levouse a cabo un teatro de sombras, no que se representou o conto Corre, corre, cabaciña, unha actividade con puzzles e, para rematar, tamén se decorou a instalación.

Esta xornada realizada nas residencias ribadenses, coa axuda dos equipos multidisciplinares dos centros, foi unha experiencia moi enriquecedora para todos e todas contribuíndo a que os usuarios se sentiran útiles, aprenderan cousas novas e pasaran unha xornada inesquecible.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...