InicioOrientalRibadeoRibadeo acolle a XIX Mostra de Teatro Afeccionado Daniel Cortezón entre o...

Ribadeo acolle a XIX Mostra de Teatro Afeccionado Daniel Cortezón entre o 4 e o 6 de novembro

A concelleira de Cultura, Pilar Otero, anima “ás persoas amantes do teatro a achegarse ata Ribadeo estes días para gozar desta cita".

Publicada o

- Advertisement -

Ribadeo acollerá do 4 ao 6 de novembro a XIX Mostra de Teatro Afeccionado Daniel Cortezón. A concelleira de Cultura, Pilar Otero, contou que “as tres representacións das que poderemos disfrutar serán ás oito da tarde no Teatro. E as entradas poderán mercarse ao prezo de 3 euros alí mesmo na billeteira”.

A edil ribadense explicou que “a décimo novena edición da Mostra de Teatro Afeccionado Daniel Cortezón arrinca este venres, 4 de novembro, con Avelaíña Teatro, de Vigo, que porá en escena A Lola. Seguiremos o sábado, día 5, cun grupo de aquí ao pé. Lume Escénico, de A Pontenova, que representará Albergue Casa Amarelo. E xa o domingo desde Ferrol chegará Opaí Teatro con De marzo a marzo”.

Otero Cabarcos anima “ás persoas amantes do teatro a achegarse ata Ribadeo estes días para gozar desta cita. Ten moito mérito que sigan existindo grupos de persoas dispostas a compartir o seu tempo libre apostando pola cultura, que contan con poucos apoios, pero que a pesares de todo seguen aí. Cousa que desde o Concello de Ribadeo agradecemos, xa que van 19 anos desta Mostra de Teatro Afeccionado Daniel Cortezón. E agardamos seguir moitos mais”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...