InicioOrientalRibadeoO investigador Carlos Callón pesentará en Ribadeo o seu traballo "O Libro...

O investigador Carlos Callón pesentará en Ribadeo o seu traballo “O Libro Negro da Lingua Galega” o vindeiro xoves

A concelleira de Cultura, Pilar Otero, engadiu que “esta actividade, enmarcada no ciclo #OConcelloCosColes, está organizada polo Concello de Ribadeo coa colaboración da Mesa pola Normalización Lingüística”.

Publicada o

- Advertisement -

A Casa do Viejo Pancho acollerá o vindeiro xoves, 3 de novembro, a presentación de O libro negro da lingua galega, do que é autor Carlos Callón. A concelleira de Cultura, Pilar Otero, dixo que “o acto terá lugar na sala de presentacións a partir das 20:00 horas. Carlos Callón é doutor en filoloxía e presidente de honra da Mesa pola Normalización Lingüística”.

Otero Cabarcos explicou que “tamén haberá charlas de presentación de Carlos Callón o 4 de novembro en centros de ensino de Ribadeo. Ás 10 da mañá será no salón de actos do Colexio Sagrado Corazón e ás 11.30 horas no salón de actos do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo”.

A edil ribadense engadiu que “esta actividade, enmarcada no ciclo #OConcelloCosColes, está organizada polo Concello de Ribadeo coa colaboración da Mesa pola Normalización Lingüística”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...