O Grupo Municipal popular de Ribadeo piden ao goberno local que puntualice cal será o seu plan de actuación fronte a presenza de roedores na vila.
A vicevoceira popular, Elena Sierra, explica que a actitude do goberno local “do BNG sorprende, pois durante os últimos plenos pedimos de todas as maneiras que se actuase contra o problema dalgunhas rúas de Ribadeo coas ratas sen facernos caso”. Sierra resalta que “dicen en una nota de prensa que se va a actuar, pero no especifican cómo”.
A representante do PP local apunta que o goberno ribadense vai por detrás das propostas do PP, polo que “esperamos que non sexa unha promesa electoral e que o fagan dando resposta a unha demanda veciñal”.