O PP de Ribadeo pide ao goberno local cal será o plan de actuación contra “o problema cos ratos” na vila

A representante do PP local apunta que o goberno ribadense vai por detrás das propostas do PP, polo que “esperamos que non sexa unha promesa electoral e que o fagan dando resposta a unha demanda veciñal".


O Grupo Municipal popular de Ribadeo piden ao goberno local que puntualice cal será o seu plan de actuación fronte a presenza de roedores na vila.

A vicevoceira popular, Elena Sierra, explica que a actitude do goberno local “do BNG sorprende, pois durante os últimos plenos pedimos de todas as maneiras que se actuase contra o problema dalgunhas rúas de Ribadeo coas ratas sen facernos caso”. Sierra resalta que “dicen en una nota de prensa que se va a actuar, pero no especifican cómo”.

A representante do PP local apunta que o goberno ribadense vai por detrás das propostas do PP, polo que “esperamos que non sexa unha promesa electoral e que o fagan dando resposta a unha demanda veciñal”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here