InicioOrientalRibadeoO pleno de Ribadeo abordará este mércores a reforma do hospital asilo...

O pleno de Ribadeo abordará este mércores a reforma do hospital asilo e a derivación dos residentes

O alcalde, Suárez Barcia dixo que “levaremos a pleno tamén as modificacións pola suba do IPC nas ordenanzas fiscais da auga, do saneamento por ser materia que está prevista na concesión e polo tanto é obrigado.

Publicada o

- Advertisement -

A reforma do Hospital Asilo centrará o pleno ordinario desta tarde no Concello. Enriba da mesa estarán o investimento e a derivación dos residentes a outros centros públicos próximos dependentes da Xunta de Galicia, que é a administración que ten competencias neste ámbito. Así llo requirirá o Concello á administración galega, segundo explicou esta mañá o alcalde, Fernando Suárez.

O rexedor contou que “no pleno ordinario desta noitiña trataremos, coma sempre, importantes temas para o noso Concello. Entre outros, haberá dous puntos de inicio de trámites de recuperación de oficio dun camiño público no Costal e mais dun deslinde dun antigo camiño público no Chao de Ove. Logo de ter escritos contrapostos de interesados, os técnicos do Concello suxírennos que este debe ser o xeito de actuación”.

Suárez Barcia dixo que “levaremos a pleno tamén as modificacións pola suba do IPC nas ordenanzas fiscais da auga, do saneamento por ser materia que está prevista na concesión e polo tanto é obrigado. E este mesmo procedemento tamén se fará na taxa da piscina municipal”.

Un punto moi importante na sesión plenaria desta tarde será a reforma do Hospital Asilo: “e logo levaremos un punto moi importante relativo ao Hospital Asilo Municipal de San Sebastián e San Lázaro. Estamos planificando estratexicamente todas e cada unha das aristas que esta complexa actuación require. Como xa anunciamos tempo atrás, o goberno municipal considera incuestionable que este servizo perdure no tempo. Para iso temos que actualizalo e modernizalo. E para iso, debemos consignar no orzamento municipal unha cantidade moi considerable de recursos públicos. Como nada sabemos polo momento doutras achegas doutras administracións imos acordar consignalo cos nosos recursos. Tempo haberá despois para rebaixarnos esta carga se os demais se comprometen como din”.

O alcalde explicou: “pero ademais desta cantidade económica, trátase de que as obras van obrigar a parar a actividade durante a duración das mesmas, e mentres, imos ter que reasignar a ese persoal que alí presta servizo a outros cometidos no propio Concello de Ribadeo durante o tempo das obras. Estes acordos, con todos os seus detalles deben ser asumidos polo Pleno da Corporación. Igualmente trataremos da relación de coordinación coa orde relixiosa, que presta o servizo nese Hospital Asilo, para que o necesario equilibrio económico estea perfecto en todo momento, e auxiliando o Concello en todos aqueles matices ou conceptos que poidan sufrir desequilibrio, dado que ao non poder admitir a mais usuarios, os ingresos mensuais, quizais se poidan ver minguados”.

E engadiu: “e tamén acordaremos requirir aos Servizos Sociais da Xunta de Galicia, por ser materia da súa competencia, a derivación dos usuarios e usuarias aos centros públicos próximos da súa tutela para que poidan acollelos durante a duración das obras”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...