InicioOrientalRibadeoReunión entre ACISA Ribadeo e Garda Civil para pedir maior presenza en...

Reunión entre ACISA Ribadeo e Garda Civil para pedir maior presenza en zonas de ocio para xente nova as fin de semanas

Os delitos telemáticos a través de internet están a preocupar tamén en Ribadeo: “cada vez son máis as persoas que sofren estafas ou enganos ao realizar compras a través de internet".

Publicada o

- Advertisement -

Acisa mantivo un encontro co Brigada Comandante de Posto e con compoñentes de Seguridade Cidadá da Garda Civil de Ribadeo.

O obxectivo da xuntanza “foi darnos a coñecer tras a chegada da nova directiva e achegarlles as inquedanzas das nosas asociadas e asociados, que o que nos pediron nas últimas semanas é que reclamemos unha maior presenza das Forzas e Corpos de Seguridade, especialmente nas zonas de movida durante as fins de semana. Ribadeo podemos dicir, que en liñas xerais, é unha vila tranquila e agardamos que así siga sendo”, sinalou a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado.

Os delitos telemáticos a través de internet están a preocupar tamén en Ribadeo: “cada vez son máis as persoas que sofren estafas ou enganos ao realizar compras a través de internet. Tamén se producen pagos en tendas con tarxetas de crédito clonadas. E diso tamén falamos na xuntanza de hoxe e da posibilidade de organizar algunha charla informativa para poder detectar este tipo de delitos e para saber como actuar en cada momento”, explicou Jesús Pérez, o xerente da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo.

Cruzado Iglesias agradeceu o encontro, que cualificou como “cordial e comprometémonos a colaborar en todo o que sexa posible”.

Desde a directiva de Acisa insisten unha vez máis “en apoiar ao comercio local facendo as compras nos negocios de Ribadeo, onde atopamos un trato próximo, onde tocamos os produtos, onde falamos coas dependentas e dependentes e cos empresarios e onde todas e todos nos coñecemos. Deste xeito tamén evitaremos sufrir enganos e sustos a través de internet”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...