InicioOrientalRibadeoO bo tempo permite a Ribadeo seguir atendendo as obras públicas dentro...

O bo tempo permite a Ribadeo seguir atendendo as obras públicas dentro do concello

O rexedor, Fernando Suárez, ofrece este sábado “un rápido paseo por algunhas das cousas que as mulleres e homes do goberno municipal estamos a conseguir para a veciñanza deste marabilloso Concello que se chama Ribadeo”.

Publicada o

- Advertisement -

O bo tempo axuda ao avance das obras que se seguen a acometer en Ribadeo e que hoxe se poden ver no vídeo que o alcalde, Fernando Suárez, compartiu nas súas redes sociais.

O rexedor ofrece este sábado “un rápido paseo por algunhas das cousas que as mulleres e homes do goberno municipal estamos a conseguir para a veciñanza deste marabilloso Concello que se chama Ribadeo”.

Á vez que lembra a campaña das Panchas: “saúde teñades e boa finde pasedes todas e non deixedes de mercar nos nosos comercios coa nosa moeda local, a Pancha”.

No vídeo pódese ver o inicio da construción de máis pistas de petanca ao pé da oficina de turismo “para cubrir a grande demanda deste xogo”. O avance dos traballos na ponte que une Ribadeo e Trabada, entre Piñeiro e Balboa, así como o remate da estrada dos Fornos, en Remourelle”

Tamén estes días continúa a eliminación da flora invasora “para plantar seguidamente vexetación autóctona e a recuperación da contorna do Cargadoiro”.

As obras do carril bici na estrada do Faro e en Campoxurado son tamén protagonistas, xa que “logo de semanas de preparación nestas últimas xornadas inicióuse o aglomerado”. E segue avanzando a ampliación da Ponte de Feve, en Ove, “obras estratéxicas para Ribadeo que executa a Deputación”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...