InicioOccidentalCervoCervo suma máis de 7.000 euros ás axudas para as ANPAs dos...

Cervo suma máis de 7.000 euros ás axudas para as ANPAs dos centros educativos do concello

Destínase unha partida de 7.000 euros ás xa existentes para mercar material escolar e actividades culturais.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo abre o prazo de solicitude de axudas dirixidas ás ANPAS e aos centros escolares do municipio -CEIP de Cervo, CEIP Península da Paz e IES Marqués de Sargadelos-. A convocatoria permanecerá aberta ata o 22 de novembro.

Tal e como sinalou o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, “o fin desta liña de axudas é o de contribuír a fomentar as actividades educativas e lúdico-culturais que promoven estas entidades ao longo de todo o ano e que van dirixidas a dinamizar a comunidade escolar, e brindarlles ao tempo unha axuda económica para que poidan facer fronte aos seus gastos de funcionamento”.

O rexedor apuntou que “reservamos unha partida orzamentaria de 7.500 euros que se vén sumar a outras axudas que temos dispostas dende o Concello dirixidas á comunidade educativa tanto para a compra de libros e material escolar como para transporte”.

As bases están dispoñibles para a súa descarga no taboleiro de anuncios da web municipal https://cervo.sedelectronica.es/board/.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...