Home Oriental Ribadeo Concerto de Santa Cilla no Teatro de Ribadeo a cargo da Banda Municipal

Concerto de Santa Cilla no Teatro de Ribadeo a cargo da Banda Municipal

0
Concerto de Santa Cilla no Teatro de Ribadeo a cargo da Banda Municipal

A Banda Municipal de Música de Ribadeo retoma a actividade na nova tempada, despois dun parón por vacacións, co concerto da patroa dos músicos, Santa Cilla, que terá lugar este sábado, 19 de novembro, ás oito e media da tarde no Teatro.

O director, David Ballester Martínez anuncia: “contaremos coa incorporación dunha nova compoñente ao clarinete, Victoria López Veiga, e tamén hai que resaltar que catro das obras que imos tocar neste repertorio van estar por primeira vez enriba dos atrís da Banda Municipal de Música de Ribadeo. Ademais, como é habitual no concerto de Santa Cilla, sempre me gusta que algúns dos compoñentes da Banda actúen como solistas. Nesta ocasión serán dous: José Luis Pulpeiro Grueso, que tocará coa súa trompa; e un clarinete, Alberto Clemente Avilés”.

David Ballester engade que “o repertorio será moi variado, con esas catro obras novas que temos enriba dos atrís, o cal quere dicir que a Banda segue polo bo camiño de continuar facendo cousas novas”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here