A Agrupación Francisco Lanza organiza un encontro sobre a toponimia da ría de Ribadeo para este vindeiro xoves

En paralelo, o Concello de Ribadeo organiza unha exposición sobre documentación que acredita na tradición do nome da Ría de Ribadeo, durante a semana do xoves 17 ao xoves 24.

Ría de Ribadeo / Turismo de Galicia

Agrupación Cultural Francisco Lanza organiza un novo acto para abordar a defensa do patrimonio toponímico realizando unha palestra-coloquio sobre o nome da Ría de Ribadeo.

Será este xoves 17, ás 20,00 h., na Casa do Viejo Pancho. Participarán, Fernando Suárez Barcia, alcalde de Ribadeo, Marcos Maceira, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, e o membro da asociación Francisco Campos Dorado, mariño mercante xubilado, e estudoso do noso patrimonio.

En paralelo, o Concello de Ribadeo organiza unha exposición sobre documentación que acredita na tradición do nome da Ría de Ribadeo, durante a semana do xoves 17 ao xoves 24. Dita exposición poderá ser visitada o xoves 17 de novembro na Sala de Exposicións da Casa do Viejo Pancho, aínda que posteriormente seguirá noutras dependencias municipais.

 

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here