InicioOrientalRibadeoO Concello de Ribadeo coloca novas varandas de aceiro en Vilaselán

O Concello de Ribadeo coloca novas varandas de aceiro en Vilaselán

O concelleiro de Medio Rural, Marcos Villamil, explicou que “seguimos facendo nosas, do equipo de goberno, as suxestións que a veciñanza nos vai facendo chegar e traballamos para mellorar Ribadeo”.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello colocou catro novas varandas de aceiro inoxidable en Vilaselán. O concelleiro de Medio Rural, Marcos Villamil, explicou que “foi algo que nos pediu a asociación de veciños desa parroquia. E logo de estudar diversas opcións decidiamos colocalas de aceiro inoxidable. É a mellor solución a nivel de seguridade, pola estética e tamén pola súa duración”.

O edil ribadense subliñou que “seguimos facendo nosas, do equipo de goberno, as suxestións que a veciñanza nos vai facendo chegar e traballamos para mellorar Ribadeo”. Ao lugar das obras achegáronse, para supervisar o remate dese traballo, os concelleiros de Obras e Medio Rural, Mónica Freire e Marcos Villamil.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...