InicioOrientalRibadeoA área de Deportes de Ribadeo asina os convenios de colaboración para...

A área de Deportes de Ribadeo asina os convenios de colaboración para subvencións nominativas de 2022

O concelleiro, Jorge Díaz, subliñou que “isto sumado ás que acaba de rematar o prazo, as de concorrencia, que son 5.000 euros, fan un total de 48.000 euros de investimento en subvencións, tanto nominativas como de concorrencia, para este ano 2022”.

Publicada o

- Advertisement -

A Área de Deportes do Concello de Ribadeo asinou convenios de colaboración das subvencións nominativas deste 2022 con 10 entidades deportivas. O montante ascende a 43.000 euros, segundo deu a coñecer Jorge Díaz.

O edil ribadense explicou que “asinamos unha nova colaboración de subvencións nominativas 2022 na Área de Deportes con 10 entidades deportivas. Nas próximas datas sumarase outra, que, por motivos técnicos non se puido presentar este día. O montante son 43.000 euros en total. Son subvencións nominativas deste ano que teñen para xustificar ata o 31 de xaneiro do 2023”.

Jorge Díaz subliñou que “isto sumado ás que acaba de rematar o prazo, as de concorrencia, que son 5.000 euros, fan un total de 48.000 euros de investimento en subvencións, tanto nominativas como de concorrencia, para este ano 2022”.

O concelleiro de Deportes dixo que “desde o Concello de Ribadeo seguimos aportando unha cantidade que consideramos importante. Todo se pode mellorar, evidentemente, pero seguimos adiante apoiando ao deporte base para que os nenos e as nenas teñan moitas modalidades deportivas para practicar en Ribadeo”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...