A palestra “Os bos amores tamén se aprenden” iniciou este venres as actividades do 25N que celebra o Concello de Ribadeo dentro da programación O Concello cos Coles o alumnado de primeiro de Básica e do CIFP Porta da Auga e o de 3º e 4º de ESO do colexio Sagrado Corazón e do IES de Ribadeo Diosnio Gamallo asistiron á charla Os bos amores tamén se aprenden, que tivo lugar no Teatro.
Esta charla, foi organizada dende a Área de Igualdade na campaña Ribadeo contra a violencia machista, antes, agora e sempre. Laura Viñuela, que foi a encargada de impartila, é musicóloga e consultora de xénero e faloulle ao alumnado sobre como deben ser os bos amores e ensinoulles a ter filtro crítico coas cancións.
Laura fixo fincapé no espazo que cada persoa debe ter para si mesmo e ilustrouno cunha diana no que o núcleo é unha mesma e os círculos seguintes son os máis achegados e que deben de protexerse da frecha de Cupido que sempre vai ao centro saltándose as barreiras que temos que poñer.
As actividades para conmemorar o 25N seguirán mañá, sábado, co recital de Lúa Mosquetera, que terá lugar no Quiosco da Música a partir das sete da tarde. En caso de choiva a actividade trasladarase ao auditorio.