InicioOrientalRibadeoComezan as actividades programadas en Ribadeo pola Concellaría de Igualdade en relación...

Comezan as actividades programadas en Ribadeo pola Concellaría de Igualdade en relación co 25N

Publicada o

- Advertisement -

A palestra “Os bos amores tamén se aprenden” iniciou este venres as actividades do 25N que celebra o Concello de Ribadeo dentro da programación O Concello cos Coles o alumnado de primeiro de Básica e do CIFP Porta da Auga e o de 3º e 4º de ESO do colexio Sagrado Corazón e do IES de Ribadeo Diosnio Gamallo asistiron á charla Os bos amores tamén se aprenden, que tivo lugar no Teatro.

Esta charla, foi organizada dende a Área de Igualdade na campaña Ribadeo contra a violencia machista, antes, agora e sempre.  Laura Viñuela, que foi a encargada de impartila, é musicóloga e consultora de xénero e  faloulle ao alumnado sobre como deben ser os bos amores e ensinoulles a ter filtro crítico coas cancións.

Laura fixo fincapé no espazo que cada persoa debe ter para si mesmo e ilustrouno cunha diana no que o núcleo é unha mesma e  os círculos seguintes son os máis achegados  e que deben de protexerse da frecha de Cupido que sempre vai ao centro saltándose as barreiras que temos que poñer.

As actividades para conmemorar o 25N seguirán mañá, sábado, co recital de Lúa Mosquetera, que terá lugar no Quiosco da Música a partir das sete da tarde. En caso de choiva a actividade trasladarase ao auditorio.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...