InicioOrientalRiotortoA San Silvestre de Ribadeo abre o prazo de inscricións para o...

A San Silvestre de Ribadeo abre o prazo de inscricións para o vindeiro luns 21 de novembro

Desde o Concello lembran que “esta nova edición vén precedida da anterior, que estivo marcada polo Covid e parte desa carreira se fixo con máscara, pero logrouse levar a cabo esa edición”.

Publicada o

- Advertisement -

O luns, 21 de novembro, ábrese o prazo de inscrición na XXXII San Silvestre de Ribadeo.  O concelleiro de Deportes, Jorge Díaz, manifestou: “hoxe presentamos unha nova edición da San Silvestre de Ribadeo, que é a trixésimo segunda. Os premios seguen sendo da mesma cantidade e do mesmo xeito que na anterior. O prazo de inscrición empeza o 21 de novembro e remata o 26 de decembro, ambos incluídos”.

O edil ribadense lembrou que “esta nova edición vén precedida da anterior, que estivo marcada polo Covid e parte desa carreira se fixo con máscara, pero logrouse levar a cabo esa edición”.

Díaz Freije agarda que sexan moitas as persoas as que se animen a inscribirse e a correr a San Silvestre 2022: “esperemos que este ano sexan moitos inscritos, que veñan a Ribadeo despedirse deste ano 2022 e que dean a entrada ao 2023. Quero desexarlles a todos os participantes un bo ano e saúde”.

No acto de presentación participaron o alcalde, Fernando Suárez, os concelleiros de Deportes, Turismo e Igualdade, Jorge Díaz, Pablo Vizoso e Mónica Freire, así coma o técnico de Deportes, Iván López.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...