InicioOrientalRibadeoAPAGA Ribadeo celebrou esta fin de semana as primeiras xorandas de internacionalización...

APAGA Ribadeo celebrou esta fin de semana as primeiras xorandas de internacionalización da FP

As xornadas trataron temas como o proceso de dixitalización das empresas, a comunicación entre as empresas e os centros de Formación Profesional e a incorporación do vehículo eléctrico, entre outros contidos.

Publicada o

- Advertisement -

Cunha cea con representantes de empresas da comarca remataron as I Xornadas de Internacionalización da FP, que organizou Apaga e que se celebraron en Ribadeo desde o pasado mércores.

Os técnicos chegados de Turquía e de Croacia para participar nesta convocatoria puideron compartir as súas experiencias coas empresas participantes e tamén cos centros de ensino que visitaron ao longo destes días.

Á cea do sábado asistiron os deputados autonómicos José Manuel Balseiro e Daniel Vega, que acompañaron a Sandra Gómez, responsable de proxectos de Mobilidade Erasmus + de Apaga, e ao presidente da asociación, Álvaro Doural.

Desde Apaga fan un balance positivo deste evento: “porque nos serviu para intercambiar experiencias entre a nosa FP e as empresas desta zona con técnicos de empresas croatas e turcos. Todo o que poidamos aprender uns dos outros para levalo aos nosos sistemas educativos e produtivos é moi importante”.

Os técnicos turcos e croatas coñeceron da man de Apaga diferentes enclaves turísticos da Mariña Lucense e tamén Santiago de Compostela.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...