Catro pezas estreadas pola Banda Municipal de Ribadeo conformaron o concerto de Santa Cilla

O director da Banda de Ribadeo, David Ballester Martínez, agradeceu o traballo dos músicos para levar a cabo este concerto e tamén a asistencia de público e o seus aplausos.


A clarinetista Victoria López Veiga debutou no concerto de Santa Cilla da Banda Municipal de Música de Ribadeo, que estreou catro obras.

As catro pezas que interpretou por primeira vez a Banda ribadense son Memory, de Andrew Lloyd Webber, na que actuou como trompa solista José Luis Pulpeiro Grueso; Jumper clarinet, de Óscar Navarro, con Alberto Clemente Avilés como clarinete solista; Nostalgia, de Rossano Galante; e Mar y cielo, de Jorge L. Vargas. Tamén tocaron The tempest, de Robert W. Smith; Convergence, de Larry Clark; The blues factory, de Jacob de Haan; e Pequeña rapsodia húngara, esta última como bis.

Despois da súa actuación como solista na segunda obra do concerto José Luis Pulpeiro dedicou unhas palabras de recordo á súa filla, a música da Banda ribadense Almudena, porque se cumpren 20 anos do seu falecemento en accidente de tráfico. Foi un momento moi emotivo para os compoñentes da Banda e para o público.

O director da Banda de Ribadeo, David Ballester Martínez, agradeceu o traballo dos músicos para levar a cabo este concerto e tamén a asistencia de público e o seus aplausos. Ademais dedicou a Almudena Pulpeiro Peña a obra que tocaron como bis para rematar a actuación.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here