Alumnado de Ribadeo recibe unha palestra sobre o uso, abuso e adicción aos xogos de azar

Agalure é unha asociación fundada no ano 1994 para dar cobertura a persoas afectadas pola ludopatía. Actualmente desenvolven labor asistencial e tamén preventiva.

DIPUTADA PROVINCIAL MONICA FREIRE RANCAÑO Mónica Freire Rancaño

Xerardo Rodríguez, coordinador de programas da Asociación Agalure acude a Ribadeo para charlar sobre o Uso, abuso e adicción ós xogos de azar.

Estará co seguinte alumnado:

-4º ESO do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo Fierros

-FP Básica do CIFP Porta da Auga

-4º de ESO do Colexio Sagrado Corazón

Comezará a actividade no IES Dionisio Gamallo Fierros ás 10:00 da maña ata as 12:20 horas, para continuar no CIFP Porta da Auga de 13:00 a 14:00 horas e posteriormente estará pola tarde co alumnado do Sagrado Corazón de 15:30 a 17:10 horas. En total participará nesta actividade 118 alumnas e alumnos.

Agalure é unha asociación fundada no ano 1994 para dar cobertura a persoas afectadas pola ludopatía. Actualmente desenvolven labor asistencial e tamén preventiva.

Esta actividade está organizada pola Concellaría de Servizos Sociais, da que está a cargo Mónica Freire, dentro do Programa de Prevención de drogodependencias e outros trastornos aditivos.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here