InicioOrientalRibadeoO Concello de Ribadeo reparte entre ACISA e máis comercios locais material...

O Concello de Ribadeo reparte entre ACISA e máis comercios locais material de sensibilización contra a violencia machista

Ao longo da semana e co obxectivo de sensibilizar sobre a violencia machista continuarase coa repartición de material polo resto dos comercios de Ribadeo.

Publicada o

- Advertisement -

Continuando coas actividades previstas pola Concellería de Igualdade con motivo da celebración o próximo día 25 de novembro do Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres, foron repartidos adhesivos para que poidan poñer nos seus escaparates ou portas dos establecementos de Acisa co lema da campaña Ribadeo contra a violencia machista: antes, agora e sempre.

Ao longo da semana e co obxectivo de sensibilizar sobre a violencia machista continuarase coa repartición de material polo resto dos comercios de Ribadeo.

Como xa anunciou a edil ribadense Mónica Freire Rancaño na presentación da campaña “trátase de que a loita contra a violencia machista non se circunscriba a un só día, o 25N. Este material de para visibilizar esta campaña lembrará de forma continuada o propósito”.

No acto de entrega do material a Acisa participaron Mónica Freire, a directora do CIM, Montse González, a educadora familia, Fianma Prada, e a presidenta e o xerente do colectivo empresarial ribadense, Carmen Cruzado e Jesús Pérez.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...