InicioOrientalRibadeoCase douscentos alumnos de tres centros de ensino ribadenses participaron na palestra...

Case douscentos alumnos de tres centros de ensino ribadenses participaron na palestra sobre os xogos de azar

A concelleira de Servizos Sociais, Mónica Freire, tivo palabras de agradecemento para o ponente, Xerardo Rodríguez, e para os centros que participaron nesta actividade: “queremos agradecerlle o seu esforzo e que dedicara mais de 5 horas do seu tempo ao alumnado destes tres centros".

Publicada o

- Advertisement -

Cento dezaoito alumnas e alumnos de tres centros de ensino ribadenses asistiron ás charlas sobre o uso e abuso dos xogos de azar impartidas por Xerardo Rodríguez, da asociación Agalure. A concelleira de Servizos Sociais, Mónica Freire, agradece a súa participación e a implicación dos centros para poder desenvolver estas actividades que se enmarcan no Programa de Prevención de Drogodependencias e outros Trastornos Aditivos.

A edil ribadense explicou que “onte, 21 de novembro, tivemos a honra de ter con nós a Xerardo Rodríguez, coordinador de programas da asociación Agalure e gran loitador en todo o que se refire ao xogo patolóxico e ludopatía. Xerardo non só axuda a enfermos e enfermas de ludopatía que acoden a esta asociación, senón que desenvolve charlas por centros e ensino de toda Galicia, e incluso do resto de España”.

Mónica Freire contou que “as actividades do pasado martes, foron en realidade 5, xa que se realizaron en grupos pequenos, porque desta maneira, o traballo co alumnado é moito mais efectivo e próximo. Xerardo Rodríguez estivo con 4º B primeiro e 4º A despois no IES de Ribadeo Dionisio Gamallo Fierros, para posteriormente desprazarse ao CIFP Porta da Auga co alumnado de FP Básica. Xa en horario de tarde estivemos no Sagrado Corazón, primeiro con 4º A e despois con 4º B”.

A concelleira de Servizos Sociais relatou que “Xerardo fixo unha charla dinámica na que o alumnado foi moi participativo e se debateu sobre os xogos de azar vs os xogos de habilidade, sobre o uso, abuso ou adicción, ademais de contar testemuñas reais de persoas con esta problemática, que ve a miúdo na sede que a asociación ten na Coruña”.

Freire Rancaño tivo palabras de agradecemento para o ponente e para os centros que participaron nesta actividade: “queremos agradecerlle o seu esforzo e que dedicara mais de 5 horas do seu tempo ao alumnado destes tres centros. Por outra parte, o noso profundo agradecemento aos centros de ensino, equipo directivo e docente, e en especial aos departamentos de orientación por facilitarnos tanto a organización deste evento adaptándose e flexibilizando horarios e datas para que se puidera realizar nun mesmo día”.

A concelleira engadiu que “sobre esta temática pódese atopar toda a información na páxina web de Agalure e nas nosas redes sociais se queredes estar informados desta e outras actividades ademais de novas sobre adiccións son @adiccionsZeroRibadeo, tanto en Facebook, como en Instagram”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...