InicioOrientalRibadeoAsinado o convenio anual entre o Concello de Ribadeo e a Asociación...

Asinado o convenio anual entre o Concello de Ribadeo e a Asociación Educando en Familia por 4.000 euros

A concelleira de Servizos Sociais, Mónica Freire, dixo que “renovamos este compromiso que temos con Educando en Familia desde o ano 2014. A través deste convenio, por un importe de 4.000 euros, estámoslle dando axuda e asesoramento a unhas corenta familias con nenos entre 0 e 6 de anos de Ribadeo”.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Ribadeo asinou, un ano máis, un convenio coa asociación Educando en Familia que presta axuda e asesoramento a 40 familias ribadenses con nenos e nenas de 0 a 6 anos. O importe ascende a 4.000 euros.

A concelleira de Servizos Sociais, Mónica Freire, dixo que “renovamos este compromiso que temos con Educando en Familia desde o ano 2014. A través deste convenio, por un importe de 4.000 euros, estámoslle dando axuda e asesoramento a unhas corenta familias con nenos entre 0 e 6 de anos de Ribadeo”.

A edil ribadense explicou que “estamos promovendo que un equipo educativo moi profesional, composto por docentes especializadas e con moita experiencia, poidan dar unha serie de consellos, de asesoramento ás familias de como educar aos nenos e ás nenas, como se lle transmiten os valores, as disciplinas, as tolerancias, as importancias dos xogos, os perigos do consumismo, e todo isto para favorecer que as familias estean tamén atentas a todas as etapas evolutivas polas que van pasando as súas crianzas, para poder así abordalas con seguridade, con normas, con límites, etc…”.

Freire Rancaño lembrou que “a asociación Educando en familia é una entidade dedicada ao acompañamento educativo as familias dos nenos e nenas de 0 a 6 anos e, segundo os seus estatutos aprobados o 31/01/2014, nos seus fins está a promoción das actividades de orientación familiar, colaboración e coordinación con distintas institucións, axentes e profesionais dos ámbitos sanitario, sociais e educativos autoformación de profesionais. Tanto o Concello como a devandita asociación teñen obxectivos comúns e polo tanto é necesaria unha colaboración estreita que permita precisar o desenvolvemento da actividade especifica do Programa Educando en Familia entre os veciños e veciñas de Ribadeo e a participación destes no seu desenvolvemento”.

No acto de sinatura participaron o concelleiro de Economía e primeiro tenente de alcalde, Pablo Vizoso, Cándido Iravedra, representante de Educando en Familia. Tamén asistiron a concelleira de Servizos Sociais, Mónica Freire, a educadora familiar Fianma Prada, e o secretario accidental do Concello de Ribadeo, José Rodil.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...