InicioOrientalRibadeoBlack Friday e Exaltación da Lura encherán a fin de semana de...

Black Friday e Exaltación da Lura encherán a fin de semana de Ribadeo

A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, concluiu: “queremos agradecer de novo a colaboración da Deputacion de Lugo, concretamente da Area de Medio Rural e do Mar, que financiou a compra dos 250 kg de lura para estas xornadas cunha achega de 5.000 euros”.

Publicada o

- Advertisement -

Do 25 ao 27 de novembro celébranse en Ribadeo as Xornadas de Exaltación da Lura e o Black Friday, organizadas por Acisa. En total participan preto de 60 locais asociados.

Carmen Cruzado, presidenta de Acisa indicou que “chega unha fin de semana cargada de ofertas en Ribadeo. Dende a nosa asociación quixemos facer desta última fin de semana de novembro unha data especial para que a veciñanza se anime a saír da casa. Estes días Ribadeo ofreceralles os mellores descontos e promocións dos nosos comercios e as mellores propostas gastronómicas na nosa hostalaría”.

O xerente de Acisa, Jesús Pérez, sinalou: “qué mellor plan para esta fin de semana que saír de traballar o venres e facer esas compras pendentes, e despois desfrutar dunhas cañas ou dunha cea co calamar como protagonista”.

Cruzado Iglesias engadiu: “e se a todo isto lle sumamos que podemos empregar a campaña das Panchas tanto para facer as compras como para comer, cear ou tomar algo, nos máis de 100 negocios participantes, no que grazas ao Concello de Ribadeo, regálanche 10 Panchas por cada 30 euros de gasto… non se nos ocorre mellor plan e mais que dicir para que este fin de semana a xente se anime a vir a Ribadeo”.

Pérez Prada continúa: “desde mañá e ata o domingo en Ribadeo poderase desfrutar das xornadas de exaltación da lura nas que participan 20 establecementos de hostalaría, ofrecendo tapas, racións, pratos especiais”.

O xerente de Acisa manifestou: “parécenos moi importante recordar que sen dúbida esta fin de semana é unha gran oportunidade para utilizar a campaña das Panchas ou o Bono Activa Comercio, xa que se aos grandes descontos que as tendas van aplicar lle sumas os cartos que o Concello che regala mais os descontos do Bono Activa Comercio, algunha compra podería chegar a estar cerca de ser un regalo. Polo tanto, parécenos esencial recordarllo aos veciños e veciñas de Ribadeo e de toda a contorna. E non esquezamos que as Panchas tamén se poden empregar na hostalaría”.

A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, concluiu: “queremos agradecer de novo a colaboración da Deputacion de Lugo, concretamente da Area de Medio Rural e do Mar, que financiou a compra dos 250 kg de lura para estas xornadas cunha achega de 5.000 euros”.

Os establecementos participantes no BlackFriday de 2022 son: Eomática, For Friends, La Moda Mujer, La Moda Básico, Siñeiro, Anaís, La Moda Sport-Dequip, La Moda Hombre, Beep, R23, Sendín, Ginzo Hombre Mujer, Mika, Sanjurjo, Esprit, Terra Branca, Grisi, Vitaldent, Mercería Torviso, Phonergy, Pepa Peineta, Menfer, Glass, Naná, Fauna, Bora Bora, Opticalia, Adele, Pequerrechos, La Coqueta, Pippol´s, Dándara, Farfala Kids, Del Río e Valentina.

Os locais participantes nas xornadas de exaltación da lura son: Bar Queimada, Galipizza, Bar Galicia, El Rincón del Gordo, La Quinta, A Horta de San Roque, Delicatés, O Indiano, La Solana, Rosalar, Cienfuegos, A Mirandilla, La Bugalla, Bar Portillo, Restaurante Javier Montero, O Alén, La Lira, San Miguel y Casa Domingo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...