A Cooperativa Clun de Ribadeo recibe material do Concello dentro da Campaña contra a violencia machista

A concelleira Freire Rancaño subliñou que “coa achega deste material o Concello de Ribadeo colaborará con esta entidade nas diferentes accións previstas pola cooperativa para reiterar o seu compromiso na loita por unha sociedade máis igualitaria exenta de violencia de xénero”.


A concelleira de Igualdade e deputada responsable da Área de Medio Rural e do Mar, Mónica Freire, fixo entrega no Concello á Cooperativa Rural Galega CLUN, de Ribadeo, de diferentes elementos sobre a campaña contra a violencia machista.

Freire Rancaño subliñou que “coa achega deste material o Concello de Ribadeo colaborará con esta entidade nas diferentes accións previstas pola cooperativa para reiterar o seu compromiso na loita por unha sociedade máis igualitaria exenta de violencia de xénero”. O material entregado hoxe foi facilitado pola Deputación de Lugo e polo Concello de Ribadeo.

Desde a Cooperativa de Ribadeo distribuirase entre todas as persoas do seu equipo o material recolleito para poder levar a cabo, entre outras accións, unha concentración o este venres, 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here