InicioOrientalRibadeoRibadeo acolle a presentación do libro 'Ribadenses Destacados' con 44 biografías dos...

Ribadeo acolle a presentación do libro ‘Ribadenses Destacados’ con 44 biografías dos séculos XIX a XXI

O acto desta tarde estará presidido polo alcalde, Fernando Suárez, e no mesmo intervirán Francisco Díaz-Fierros como coordinador do libro, Eduardo Gutiérrez, cronista oficial de Ribadeo, e Mª Xosé Gómez, representante da Secretaría Xeral de Política Lingüística, patrocinadora do libro.

Publicada o

- Advertisement -

No libro Ribadenses destacados. 44 biografías, séculos XIX a XXI, que se presentará este venres, 25 de novembro, ás 20.00 horas no Teatro, aparecen as biografías de diferentes persoeiros que destacaron como artistas plásticos, músicos, xornalistas, mestres, intelectuais, científicos e inventores, políticos, xuristas, empresarios e benefactores e que naceron, viviron ou desenvolveron unha parte significativa da súa obra en Ribadeo. Entre eles aparecen tres mulleres: Manuela Barreiro, Corona González e Luz Pozo.

O libro está coordinado por Francisco Díaz-Fierros Viqueira e por unha Comisión Asesora formada por Carlos Álvarez Lebredo, Toni Deaño Gamallo e Chemi Lombardero Rico. Está escrito por un total de 18 autores ribadenses, que ou ben tiveron unha relación especial cos biografados ou son recoñecidos investigadores da historia local. A obra foi patrocinada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

Conta con debuxos de Juan López Rico e unha portada de Fernando F. Paez, tamén nados nesta vila, polo que este libro pode considerarse como unha obra colectiva de ribadenses que tentan recuperar do esquecemento a homes e mulleres que co seu traballo singular, a súa proxección pública ou a súa dedicación ao engrandecemento e benestar de Ribadeo, merecen o recoñecemento e agradecemento de todos.

O acto desta tarde estará presidido polo alcalde, Fernando Suárez, e no mesmo intervirán Francisco Díaz-Fierros como coordinador do libro, Eduardo Gutiérrez, cronista oficial de Ribadeo, e Mª Xosé Gómez, representante da Secretaría Xeral de Política Lingüística, patrocinadora do libro.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...