InicioOrientalRibadeoRibadeo leva adiante máis obras nos camiños locais de varias parroquias

Ribadeo leva adiante máis obras nos camiños locais de varias parroquias

O concelleiro de Medio Rural, Marcos Villamil, dixo que “neste concello tan grande que temos, e con tantas parroquias sempre hai unha chea de cousas que facer no tocante á conservación dos camiños público".

Publicada o

- Advertisement -

O Concello acomete obras en camiños municipais das parroquias de Ove, Vilaframil, Covelas, Couxela e Santalla. O investimento, procedente de fondos propios, ascende a 32.000 euros.

O concelleiro de Medio Rural, Marcos Villamil, dixo que “neste concello tan grande que temos, e con tantas parroquias sempre hai unha chea de cousas que facer no tocante á conservación dos camiños públicos diante dos problemas que ocasionan as augas, especialmente no inverno, pois debemos acometer actuacións, ben sexan de preparación para atenuar o seu impacto, como de mellora, se o mal xa se ten feito”.

O edil ribadense explicou que “atendendo sempre ás peticións das diferentes asociacións de veciños das parroquias estamos actuando nestes días cunha serie de obras importantes en Ove, Vilaframil, Covelas, Santalla e Couxela. Aquí imos actuar en camiños, cruces, etc. E tamén no lugar de Reme de Arriba reconstruiremos a ponte da Acea que estragou unha riada hai xa varios anos”.

Villamil subliñou que “para iso, redactouse polos técnicos municipais un proxecto de 32.000 euros. Estes cartos saen dos fondos propios do Concello. As obras foron adxudicadas á empresa Gratelu SL e o prazo de execución é dun mes”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...