InicioOrientalRibadeoBalance positivo de ACISA Ribadeo das Xornadas de Exaltación da Lura que...

Balance positivo de ACISA Ribadeo das Xornadas de Exaltación da Lura que se desenvolveron en vinte locais da vila

Carmen Cruzado Iglesias dixo que “algúns hostaleiros fixéronnos chegar esta mañá a súa satisfacción polo desenvolvemento desta cita gastronómica, na que algúns esgotaron a lura que recibiron de xeito gratuíto por parte de Acisa".

Publicada o

- Advertisement -

Acisa fai un balance positivo das Xornadas de Exaltación da Lura, que se desenvolveron do 25 ao 27 de novembro en vinte locais hostaleiros de Ribadeo, de Rinlo e de Covelas.

A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, comentou: “estamos contentos da acollida que tiveron as primeiras Xornadas de Exaltación da Lura por dous motivos. Primeiro pola implicación da hostalaría asociada, que deleitou a veciños, veciñas e visitantes coas súas propostas gastronómicas, e segundo porque puidemos ver un bo ambiente esta última fin de semana de novembro en Ribadeo”.

Cruzado Iglesias dixo que “algúns hostaleiros fixéronnos chegar esta mañá a súa satisfacción polo desenvolvemento desta cita gastronómica, na que algúns esgotaron a lura que recibiron de xeito gratuíto por parte de Acisa. E ese é o mellor indicador, o mellor termómetro, de cómo funcionaron estas Xornadas de Exaltación da Lura”.

A presidenta da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo manifestou: “queremos agradecerlles aos hostaleiros a súa participación, á xente de Ribadeo e da contorna que se achegou aos locais participantes a saborear as preparacións realizadas, e á Área de Medio Rural e do Mar da Deputación de Lugo a súa colaboración, porque deste xeito puidemos organiza estas xornadas, que agardamos poder repetir en vindeiras edicións”. Acisa repartiu de xeito gratuíto por primeira vez entre os locais participantes un total de 250 quilogramos de lura.

O xerente de Acisa, Jesús Pérez, sinalou que “a fin de semana completouse coa celebración do Black Friday en 35 comercios asociados do venres ao domingo. Houbo moita xente que aproveitou as ofertas e promocións realizadas por estes locais e tamén a campaña da Pancha do Concello de Ribadeo, coa que colaboramos desde Acisa, para realizar as súas compras de tempada ou incluso para adiantar algunhas compras de Nadal”.

Para Pérez Prada “o importante é que economía local se mova e qué mellor forma de facelo que combinando compras e gastronomía nunha fin de semana de tempada baixa, na que afortunadamente o bo tempo acompañou o venres e o sábado. Desde Acisa seguiremos a traballar polo noso comercio e pola nosa hostalería”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...