InicioOrientalRibadeoO goberno local de Ribadeo destaca dos orzamentos 2023: "son equilibrados, non...

O goberno local de Ribadeo destaca dos orzamentos 2023: “son equilibrados, non incorren en déficit”

O concelleiro de Economía, Pablo Vizoso, subliñou que “outra característica destes orzamentos é que se consegue chegar a estas magnitudes sen subir os impostos e incluso reducindo o nivel da débeda do Concello, que se situará ao peche deste exercicio no 9,8% ".

Publicada o

- Advertisement -

Aprobado o orzamento do Concello ribadense para 2023 que ascende a máis de 10.600.000 euros. O concelleiro de Economía, Pablo Vizoso, subliña que son uns presupostos equilibrados, que non incorren en déficit e que reducen o nivel de débeda.

O edil contou que “na tarde de onte celebrouse o pleno extraordinario no Concello de Ribadeo no que aprobamos os orzamentos para o vindeiro ano 2023. Trátase duns orzamentos que superan os 10.600.000 euros, que son equilibrados e non incorren en déficit, tal e como recolle o informe de intervención e experimentan un incremento da case o 8% con respecto ao exercicio actual, para manter e mellorar o elevado nivel de actividades e inversións no noso concello”.

Vizoso Galdo dixo que “tamén inclúen a subida salarial do persoal público e outra vez máis unha aposta forte polo investimento, centrada agora na reforma integral do Hospital Asilo e nos terreos para o novo centro de saúde. Un investimento ao que se suman os proxectos que se están licitando nestas semanas para iniciar a súa execución dende primeiros do vindeiro ano, e tamén os convenios que se asinen con outras administracións”.

O concelleiro de Economía subliñou que “outra característica destes orzamentos é que se consegue chegar a estas magnitudes sen subir os impostos e incluso reducindo o nivel da débeda do Concello, que se situará ao peche deste exercicio no 9,8% e que nada ten que ver coa existente hai algúns anos e que condicionaban o día a día”.

Pablo Vizoso referiuse á postura do PP no pleno celebrado onte: “por parte da oposición, concretamente a concelleira do PP, dedicou a súa intervención a criticarnos por que para a reforma do Hospital Asilo necesitábamos acudir a un crédito en vez de empregar outras fontes de financiamento como poden ser os fondos Next Generation”.

Para o edil ribadense “esta forma de proceder dos representantes do PP non resulta aceptable, ademais de demostrar que non teñen claro do que falan e que o seu obxectivo é enredar en enganar aos veciños de Ribadeo, hai que deixar claro que o Concello non solicitou a subvención á que se refire o Partido Popular por que non cubría nin a terceira parte do investimento necesario senón que acudiu e solicitou outra axuda con cargo aos fondos Next Generation a través do plan Pirep estatal (Programa de Impulso á Rehabilitación de Edificios Públicos) que sí pode chegar ao 100 % do custe da obra que hai que acometer”.

Vizoso Galdo explicou que “neste punto tamén aproveitamos para lembrarlle aos representantes do PP que a quén se bota de menos neste asunto é a Xunta, que unha vez máis está desaparecida e nin resposta aos requirimentos do Concello”.

O concelleiro de Economía engadiu: “en realidade é unha magoa por que se dende a administración autonómica se aportasen fondos para este fin ou se incrementase o que aportan ao Fondo de Cooperación Local, que leva conxelado dende o 2010, poderíanse dedicar máis recursos para investir noutros ámbitos”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...