A nova comisión organizadora das festas patronais de Ribadeo foi presentada este mércores. A concelleira de Cultura, Pilar Otero, agradece que estes mozos deran un paso adiante e se animen a traballar.
A edil ribadense declarou que “estamos moi contentas de acompañar a estas persoas que dan un paso cara adiante e se animan a formar parte da comisión que organizará as festas da nosa vila. Sempre é de agradecer que haxa quen, sacando do seu tempo libre e dos seus momentos de ocio, faga o esforzo de organizar para que ao fin todos e todas disfrutemos”.
Otero Cabarcos dixo: “desde a Concellería de Cultura desexámoslles moita sorte, moitos azos e saben que terán todo o noso apoio, como sempre tiveron as anteriores comisións de festas. Moito ánimo e seguro que o van facer moi ben”.
Pola súa banda, o presidente da comisión organizadora das festas de Ribadeo, Juan Luis López Vivas, explicou cómo xurdiu a idea de tomar a relevo: “a idea vén de anos atrás porque tiña ganas de levar as festas da vila; despois de vivilas desde pequeno era unha ilusión que tiña. Entón convencín un par de amigos (Jacobo Martínez e Gonzalo Lebredo) e eles acabáronme de dar o empuxón final para decidir levalas. Agora mesmo somos tres, pero esperamos poder meter a algún máis porque é necesario pois para tres persoas soamente faise un pouco pesado. Seguramente que nas próximas semanas xa estaremos máis”.
A intención destes tres mozos de Ribadeo é darle continuidade ao traballo iniciado neste 2022 polos seus antecesores: “máis ou menos a idea é seguir coa liña na que traballou a comisión do ano pasado. Temos moi boa relación e amizade con eles e imos seguir na súa liña, obviamente pensando en todo o pobo: xente maior e novas e ter un pouco de todo para todos