‘Dalle a volta ao Nadal’, campaña de recollida de xoguetes que organiza Servizos Sociais de Ribadeo

A concelleira Mónica Freire explicou que “poñemos en marcha unha nova edición desta iniciativa para agasallar ilusión e que ningunha nena e ningún nenos queden sen xoguetes este Nadal”.


Chega unha nova edición da campaña de recollida de xoguetes Dalle a volta ao Nadal, que un ano máis pon en marcha a Concellaría de Servizos Sociais para que todas as nenas e nenos de Ribadeo teñan agasallos nas vindeiras festas.

A concelleira Mónica Freire explicou que “poñemos en marcha unha nova edición desta iniciativa para agasallar ilusión e que ningunha nena e ningún nenos queden sen xoguetes este Nadal”.

A edil de Servizos Sociais subliñou que “aquelas persoas que queiran doar poderán facelo ata o 13 de decembro. E teñen que ter presente que os xoguetes deben estar en bo estado: limpos e non rotos; e os que estean compostos de pezas deben vir todas xuntas nunha bolsa pechada. Non recolleremos peluches este ano”.

Freire Rancaño engadiu que “os xoguetes poderán entregarse nos Servizos Sociais do Concello, que están situados no auditorio municipal de luns a venres en horario de 9 a 14 horas. Animamos a toda veciñanza de Ribadeo a participar nesta campaña dándolle unha volta ao Nadal para que os seus xoguetes cheguen a outras mans, que tamén os van gozar moito”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here