Ribadeo comeza obras en diferentes viais en diferentes parroquias do concello

O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, engadiu: “as empresas adxudicatarias destas obras son Isidro Otero de Mondoñedo e máis Carferlo de Viveiro”.


O Concello acometerá obras nas vindeiras semanas nos camiños municipais das parroquias de Covelas, Cedofeita, Remourelle, Arante, Vilaousende, Ove, Vilaselán, Piñeira, Vilaframil e A Devesa. O investimento ascenderá a 700.000 euros, dos que 285.000 proveñen da Deputación de Lugo e o resto de fondos propios, segundo deu a coñecer o alcalde, Fernando Suárez.

O rexedor dixo que “é unha boa noticia para as parroquias deste noso Concello. Sempre queremos facer un reparto dos recursos que están á nosa disposición entre a vila e o campo. Tentamos facelo o mellor que sabemos. E sabemos tamén que a poboación na súa meirande parte se está a concentrar na vila, pero por nada do mundo queremos deixar de prestar servizos e deixar de mellorar as infraestruturas das nosas parroquias, tanto nas da costa como nas do interior”.

Suárez Barcia explicou que “para isto, e como vimos facendo nestes últimos anos, imos darlle nas próximas semanas unha boa voltiña aos camiños municipais de todas as nosas parroquias. Por unha banda, seguimos cos programas de rebacheos para que aqueles camiños que estean en mal estado, poidan seguir sendo transitables. E logo, co diálogo que sempre mantemos coas Asociacións de Veciños e veciñas para aceptar as súas suxerencias, imos avanzando firmemente no aglomerado dos camiños municipais”.

O alcalde subliñou que “en total son máis de 700.000 euros, dos que a Deputación de Lugo pon 285.000, significando que a parte restante pona o Concello de Ribadeo de fondos propios. Aí se ve quen inviste de verdade en Ribadeo, máis aló de chilindradas varias que outros vendefumes prometen e que logo sempre acaban en nada”. E engadiu: “as empresas adxudicatarias destas obras son Isidro Otero de Mondoñedo e máis Carferlo de Viveiro”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here