InicioOrientalRibadeoA obra de teatro "Oceanía" chegará a Ribadeo o día 10 de...

A obra de teatro “Oceanía” chegará a Ribadeo o día 10 de decembro co actor Carlos Hipólito

Publicada o

- Advertisement -

A obra Oceanía, que interpreta o famoso actor Carlos Hipólito, representarase en Ribadeo o día 10 deste mes, sábado, ás 20:00 horas no auditorio municipal Hernán Naval. Esta peza teatral é o testamento artístico e vital do prestixioso director Gerardo Vera, falecido de coronavirus en 2020.

As entradas xa están á venda na web de Game Over Productions (www.gameoverpro.es) e tamén poderán comprarse na taquilla do auditorio municipal ribadense desde unha hora antes da función. O prezo é de 17 euros (IVE incluído).

O actor madrileño Carlos Hipólito leva máis de 40 anos sobre os escenarios e ten unha amplísima traxectoria en teatro, cine e televisión. Leva 20 anos sendo o narrador da exitosa serie de TVE Cuéntame cómo pasó, na que ademais interpretou o papel de Carlos Alcántara adulto en 14 episodios emitidos en 2021.

O coautor da obra, José Luis Collado, explica que “Oceanía é o testamento artístico e vital de Gerardo Vera. É o último proxecto que pariu antes de que o coronavirus levásello prematuramente, e sen dúbida o máis ilusionante dos miles de traballos realizados ao longo do seu medio século de carreira en pantallas e escenarios. Oceanía é o recordo dunha vida apaixonante”

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...