InicioOrientalRibadeoRibadeo inicia o programa anual de mellora de camiños da vila...

Ribadeo inicia o programa anual de mellora de camiños da vila e das parroquias

O rexedor de Ribadeo, Fernando Suárez, sinalou “algúns dos moitos proxectos nos que o goberno municipal de Ribadeo estamos implicados, tanto na vila como no campo”.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello iniciou xa o programa anual de mellora de camiños. Este é algúns dos proxectos nos que “estamos implicados” no goberno municipal, segundo puxo de manifesto o alcalde, Fernando Suárez, esta fin de semana a través dun vídeo.

O rexedor refírese “a algúns dos moitos proxectos nos que o goberno municipal de Ribadeo estamos implicados, tanto na vila como no campo”. E anima unha vez máis a mercar no comercio local e a facelo pagando coa Pancha: “non deixedes de mercar no comercio local pagando coa moeda do Concello: a Pancha”.

No vídeo pódese ver a evolución das obras de construción das pistas multideporte na mazá interior entre a Avenida de Galiza e as rúas Daniel Cortezón e Pintor Fierros; as obras de fábrica en Santalla de Vilaousende; as obras no barrio da Pega, Veigadaira, Río do Amalló: as obras do carril bici na estrada do Faro e en Campoxurado; o avance da ampliación da ponte de Feve, en Ove, “obras estratéxicas para Ribadeo que executa a Deputación”.

Suárez Barcia tamén alude ao próximo remate das obras da ponte que une Ribadeo con Trabada (Piñeiro e Balboa). E ao inicio do programa anual de mellora de camiños: “aglomerando o camiño de Vilandriz a Vilagoiz, na Devesa”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...