InicioOrientalRibadeoO conciñeiro e divulgador Lucas Requejo realiza un showcooking como p arte...

O conciñeiro e divulgador Lucas Requejo realiza un showcooking como p arte do Festival de Jazz e Blues de Ribadeo

No showcooking Lucas Requejo dedicou un apartado á faba de Lourenzá, para o que contou coa colaboración do presidente da cooperativa Terras da Mariña, José Cuadrado, quen explicou as características deste produto.

Publicada o

- Advertisement -

Dentro das actividades gastronómicas incluídas na programación do oitavo Festival de Jazz e Blues de Ribadeo, hoxe, sábado, o cociñeiro, comunicador e divulgador Lucas Requejo preparou pratos elaborados con alimentos da provincia lucense integrados na plataforma Son de Lugo e ofreceu unha degustación na carpa instalada no parque de San Francisco. Foi dentro da iniciativa denominada Jazztronomía, que terá a súa segunda parte mañá, domingo, ás 12:30 horas, no mesmo lugar, pero nesta ocasión Requejo ofrecerá unha experiencia gastronómica de preparación de bebidas denominada Beberaxes Blues, actividade que é de acceso libre e gratuíto.

No showcooking Lucas Requejo dedicou un apartado á faba de Lourenzá, para o que contou coa colaboración do presidente da cooperativa Terras da Mariña, José Cuadrado, quen explicou as características deste produto.

A programación do Festival de Jazz e Blues de Ribadeo continuará este vindeiro martes, día 6, co concerto de Los Deltonos no auditorio municipal ás 20:00 horas. Los Deltonos é un grupo cántabro formado en 1986 que comezou sendo un trío, con Hendrik Röver como único guitarrista, ademais de baixo e batería.

A seguinte actuación programada será o xoves 8, tamén no auditorio Hernán Naval, ás 20:00 horas. Correrá a cargo dos cubanos Trío Mejunje, que está formado por tres dos músicos máis importantes de Santa Clara: A. Bringez, M. Olivera e Reinier El Negrón.

O venres 9 ás 20:30 horas no auditorio municipal actuarán os estadounidenses Gisele Jackson & de The Shu Shu´s. Este concerto é o único en España da xira europea na que están actualmente. 

E o festival rematará o domingo 11 co concerto dos franceses Red Beans & Pepper Sauce. Será no auditorio Hernán Naval ás 20:00 horas. Red Beans & Pepper Sauce fundouse en 2010 ao redor da cantante Jessyka Aké no sur de Francia. As entradas para os concertos que se celebran no auditorio municipal Hernán Naval están á venda na web gameroverpro.es.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...