A recollida solidaria de alimentos que ACISA Ribadeo destinará a Cáritas estará aberta até o 18 de decembro

A presidenta de ACISA, Carmen Cruzado Iglesias, engadiu que “chega o Nadal e todos podemos poñer o noso grao de area. Sexamos solidarios sempre, pero tamén nestas datas”.


Un total de 21 establecementos asociados a Acisa participan nesta iniciativa que se prolongará ata o 18 de decembro baixo o lema Somos lo que damos, somos amor.

A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado dixo que “tras a boa acollida das recollidas de alimentos dos anos anteriores e atendendo á petición de Cáritas en Ribadeo, desde Acisa consideramos que debíamos repetir esta iniciativa solidaria, que se basea en que todo aquel veciño ou veciña de Ribadeo que o desexe pode levar aos máis de vinte puntos de recollida, unha pequena colaboración en forma de alimento para que posteriormente Cáritas os reparta entre as persoas que o precisen”. A campaña arrincou o pasado 19 de novembro.

O xerente de Acisa, Jesús Pérez, insistiu en que “o que máis se necesita son alimentos básicos non perecedoiros como pasta, arroz, legumes, cacao, leite cun marxe longo de caducidade, potitos, galletas, cereais ou aceite”.

Cruzado Iglesias engadiu que “chega o Nadal e todos podemos poñer o noso grao de area. Sexamos solidarios sempre, pero tamén nestas datas. Lembrémonos de quen máis o necesita e axudémoslle con algo tan básico como son os alimentos”.

Os establecementos que participan nesta campaña solidaria son: Mercería Torviso, Panadería Torviso, El Rincón del Gordo, Kids&Us, Bar Queimada, Faro Norte Comunicación, Opticalia, Ribamueble, For Friends, R23, Farmacia Álvarez Lebredo, Galipizza, Xeito, Sargadelos, La Moda Joven, Farmacia Mª Euguenia Hermida, Fauna, Ginzo, Os Irmandiños, Susana Moreira y Hotel Restaurante Javier Montero.

FESTIVOS ESTA SEMANA

A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo informou ás súas asociadas e asociados sobre as posibles aperturas dos seus negocios os días 6 e 8 de decembro. Pérez Prada subliñou que “por lei está permitida a apertura as dúas xornadas. Sabemos que moitos abrirán as súas tendas o 6, outros o 8, algúns pecharán algúns deses días, outros so abrirán de mañá… deixámolo á súa elección”.

Desde Acisa animan “á veciñanza da comarca e aos visitantes a disfrutar de Ribadeo, porque esta vila conta cunha amplísima variedade de tendas e aquí sempre van atopar o que precisan. Ademais poderán gozar estes días de diferentes actividades, que complementarán a oferta de ocio e os atractivos turísticos, paisaxísticos e gastronómicos de Ribadeo”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here