InicioOrientalRibadeoO Mercado de Nadal reunirá vinte e cinco postos no parque de...

O Mercado de Nadal reunirá vinte e cinco postos no parque de San Francisco en Ribadeo

O concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso explicou que “poderemos atopar repostería, marmeladas, xoguetes ou unha gran diversidade de complementos e elementos de deseño e ilustración".

Publicada o

- Advertisement -

A XIX edición do Mercado do Nadal de Ribadeo terá lugar do 17 ao 11 de decembro no Parque de San Francisco, onde se darán cita 25 postos de gastronomía, artesanía e deseño. Contará cunha gran diversidade e cunha forte presenza de persoas creadoras e produtoras locais e de proximidade para, deste xeito, darlle un impulso ao emprego e desenvolvemento de Ribadeo nestas datas de gran afluencia de visitantes.

O concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso explicou que “poderemos atopar repostería, marmeladas, xoguetes ou unha gran diversidade de complementos e elementos de deseño e ilustración. Nesta ocasión ademais o alumnado dos centros CEIP Gregorio Sanz, Sagrado Corazón e o IES Dionisio Gamallo tamén contarán cun espazo no mercado que utilizarán para recadar fondos para as viaxes de fin de curso”.

 

Vizoso Galdo asegurou que “serán uns días con moita actividade, tanto para os máis pequenos, que poderán gozar entre outras cousas dun espectáculo de circo, música e obradoiros infantís, como para os maiores”.

O edil ribadense indicou que “a apertura do Mercado do Nadal será o mércores, día 7, ás 17 horas, mentres que as demais xornadas ata o 11 o horario será de 11 a 14.30 horas polas mañás e de 17 a 21 horas polas tardes. Animamos a todas as persoas de Ribadeo, da contorna ou visitantes a achegarse a desfrutar do ambiente que se crea no mercado, así como das actividades de lecer que terán lugar eses días nas inmediacións do Parque de San Francisco”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...