InicioOrientalRibadeoO Concello de Ribadeo asina o convenio de colaboración co Ribadeo FC...

O Concello de Ribadeo asina o convenio de colaboración co Ribadeo FC cun montante de 15.000 euros

O alcalde, Fernando Suárez, explicou que “tal e como tiñamos previsto acabamos de asinar o convenio de colaboración entre o Concello e mais o Ribadeo FC. Para iso outorgase a este club a cantidade de 15.000 euros de fondos propios do orzamento municipal".

Publicada o

- Advertisement -

No salón de plenos do Concello foi asinado o convenio de colaboración da subvención nominativa deste 2022 co RIbadeo FC. O montante ascende a 15.000 euros.

O alcalde, Fernando Suárez, explicou que “tal e como tiñamos previsto acabamos de asinar o convenio de colaboración entre o Concello e mais o Ribadeo FC. Para iso outorgase a este club a cantidade de 15.000 euros de fondos propios do orzamento municipal. E concluímos así a rolda de sinaturas de convenios que tivemos cos diferentes clubs deportivos das diferen0t00es especialidades que se practican aquí en Ribadeo”.

O rexedor dixo: “debemos subliñar a importante achega que se efectúa ao Ribadeo FC, pois dos 11 clubs que reciben axudas, este é o que máis achega recibe, significando un 35% do total de fondos. O resto de clubs, de baloncesto, de hóckey, de piragüismo, de remo, de fútbol sala, de atletismo, de tenis de mesa, de sendeirismo, de pesca, etc, reciben entre todos 28.000 euros, isto é o 65% restante”.

Suárez Barcia manifestou: “por iso o Ribadeo FC, ao igual que o resto de clubs deportivos, quedan comprometidos á promoción do deporte base así como ao cumprimento no establecido no convenio de colaboración, como poden ser a xustificación dos gastos nos conceptos sinalados, a exhibición dos logotipos do Concello nos lugares destacados da vestimenta, a presentación dos gastos subvencionados correspondentes ao ano natural, con facturas de curso legal, etc”.

O alcalde ribadense subliñou: “desde o Concello queremos destacar o enorme compromiso que temos co fútbol como así o demostran as axudas ás dúas entidades de fútbol que temos aquí na vila e os cuantiosos investimentos feitos nestes últimos anos tanto na renovación integral do céspede do estadio municipal (430.000 euros) como no seu mantemento, como agora tamén con esta inversión que estamos a realizar no campo de adestramento da Devesa, que supón uns 50.000 euros. E estes fortes investimentos teñen o importante compromiso da Deputación de Lugo, que nos axuda a poder afrontar estes desafíos. E desde logo tendemos a man, coma sempre,con apoio económico, técnico e de infraestrutura e por riba de todo co tratamento por igual a todos os clubs deportivos, sexan estes ou non, de pelotas, de balóns ou do que sexa”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...