InicioOrientalRibadeoConsello Municipal das Mulleres de Ribadeo para este xoves no salón de...

Consello Municipal das Mulleres de Ribadeo para este xoves no salón de plenos do Concello

A concelleira de Igualdade, Mónica Freire, explica que “co Consello promóvese a participación activa das mulleres na vida política e social da vila. Ademais, transmítense e vehiculízanse as propostas que xurdan en calquera ámbito relacionadas coa problemática da igualdade de xénero”.

Publicada o

- Advertisement -

Convocouse sesión do Consello Municipal das Mulleres para o xoves, 15 de decembro, ás 20.00 horas no Salón de Plenos da Casa do Concello.

A concelleira de Igualdade, Mónica Freire, explica que “co Consello promóvese a participación activa das mulleres na vida política e social da vila. Ademais, transmítense e vehiculízanse as propostas que xurdan en calquera ámbito relacionadas coa problemática da igualdade de xénero”.

A edil ribadense engade que “o CMM é un espazo propio onde as mulleres poden opinar sobre aquelas decisións municipais que lles van afectar”.

E lembrou que “o Consello Municipal das Mulleres creouse no 2005, sendo a súa sesión constituínte o día 2 de marzo dese ano”.

O CMM está integrado por mulleres representantes das asociacións veciñais, asociacións culturais, asociacións de mulleres e feministas, sectoriais (ámbito educativo, sanitario, social…), partidos políticos, sindicatos, técnicas de emprego e igualdade e será presidido pola concelleira de Igualdade.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...